Redacción 12/11/2018

Dende a agrupación acusan o alcaldesa de Mos  de priorizar no seu propio interés e non as necesidades da veciñanza ou a utilización racional dos recursos

 

O grupo de oposición mosense reitera que “o Partido Popular só pensa en inaugurar para saír na foto e no titular sen pararse un intre a facer as cousas con sentidiño”.

Dende GañaMos reseñan especialmente tres exemplos “destes disparates que ademais teñen un coste económico para a veciñanza”.

Respecto ao transformador existente no parque infantil do Multiusos das Pozas, indican que “Hai un ano cando o goberno municipal anunciou que ían facer un parque infantil ao carón do Multiusos das Pozas, dende o Grupo Municipal GañaMós alertamos que a beira desta parcela hai unha subestación de transformación eléctrica non soterrada; e indicamos a necesidade de solicitarlle á compañía eléctrica que tomara as medidas pertinentes para paliar os efectos prexudiciais para a saúde das ondas electromagneticas de alta intensidade, que produce unha estación transformadora destas características. Por desgraza o goberno municipal do PP non fixo nada para subsanar esta circunstancia e os nenos e nenas que van a este parque xogan expostos a radiación electromágnetica”.

En referencia do novo parque infantil que se está a construir en Puxeiros, dende Gañamos critican “o anuncio da construción dun parque infantil no Campo da Feria en Puxeiros, cando xa hai un parque infantil en bo uso a 10 m do que pretenden facer ao outro lado da rotonda. Hai demandas veciñais que se poden atender facendo unha cancha de minifubito, de baloncesto, de petanca ou mesmo un ariéiro para cativos; antes de duplicar un parque infantil, xa que toda a zona de Portela e Puxeiros carece de  instalacións deportivas municipais; pois se non fora polo CSCD As Pedriñas, a veciñanza non tería un lugar de esparcemento e lecer. En vez de recoñecer o erro, Arévalo saiu na prensa decindo que o parque existente é moi sombrio e que facer un parque novo, era unha petición da asociación de veciños da Portela. Se este parque é sombrio o lóxico e podar as árbores que fan sombra ou por un paramento, como o de calquera cancha deportiva, na bocana pola que corre o vento atravesado típico de Puxeiros, ademais no emplazamento do novo parque non se resolven estos problemas xa que tamén é unha zona arbolada e ainda máis exposta ao vento. Maior misterio ten a petición da asocación de veciños da Portela, xa que eles descoñecen este asunto e ademais hai tempo que está asoiación está parada”.

E cómo última comparativa o Parque da Pesqueira, como GañaMos denomina “un novo despropósito, pois algunhas aínda se pensan que poden dominar o río Louro e esquecen as inundacións e destrozos de anos pasados. Increible que a estas alturas aínda se constrúan parques nas zonas declaradas inundables. A construcción deste parque da Pesqueira pegado ao río Louro, nunha zona que tense anegado no pasado coas crecidas do río, é o derradeiro disparate deste goberno municipal do Partido Popular. Parece que a Arévalo pouco lle importa qué ou cómo se fan as cousas, con tal de saír na foto. De despropósito en despropósito”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad