Redacción 05/11/2018

O acto público celebrarase o próximo mércores 7 ás 20:30 horas e contará coas intervencións de Miguel Anxo Aldea e Gustavo Barcia

Na charla tamén se informará sobre a variante a ceo aberto que defende o PP para a nova autovía ao seu paso por Mos

 

 

O BNG de Mos convoca a toda a veciñanza a participar no acto público que terá lugar o próximo mércores, 7 de novembro, no Auditorio do CSCD As Pedriñas, en Tameiga, no que explicará a súa posición respecto á cidade deportiva e o macrocentro comercial que o Real Club Celta pretende construír nos montes de Tameiga, Cela e Pereiras. O inicio da charla está
programado para as 20:30 h e nela falarase tamén sobre o proxecto da nova autovía por Mos e a realidade da variante a ceo aberto que defende o PP.

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Mos, Miguel Anxo Aldea, e o candidato á alcaldía para as próximas eleccións municipais, Gustavo Barcia, informarán sobre as últimas novidades relativas ao Proxecto do Celta, entre elas a modificación da Lei do Solo que a Xunta de Galicia acaba de coar na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2019 co obxectivo de facilitar a expropiación dos terreos para o pelotazo urbanístico do Celta. Esta manobra foi destapada recentemente polo BNG, que xa solicitou no Parlamento Galego a retirada da modificación da Lei.

Dende o anuncio do proxecto, o BNG posicionouse abertamente en contra da construción da cidade deportiva e un macrocentro comercial en Mos. Nos últimos meses celebráronse varios encontros coa veciñanza das parroquias afectadas, nos que se informou sobre a posición do BNG en contra da modificación do PXOM impulsada polo goberno do PP. Nestas xuntanzas quedou patente o rexeitamento maioritario e a crecente preocupación social ante o impacto negativo que o proxecto podería ter no monte, nas augas e na contorna natural.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad