Redacción 30/10/2018

Estímase que o comedor escolar comece a funcionar ao inicio do segundo trimestre deste curso

 

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda congratúlase de que por fin a Xunta de Galicia faga os seus deberes e acometa as obras pendentes no comedor escolar do CEP Altamira. O Concello deu traslado por escrito dende o primeiro momento a Consellería de Educación das necesidades pendentes no comedor Altamira e, en contacto contínuo coa dirección do centro e coa ANPA, fóronse producindo os pasos precisos ata acadar este compromiso por parte da Xunta de Galicia.

Lamentan dende o Equipo de Goberno a actitude das concelleiras socialistas, que en todo momento desoíron as peticións feitas dende o propio centro de non empregar o colexio de xeito partidista na batalla política, e de que se lles deixase un prazo para rematar os acordos coa Xunta de Galicia. Así, mentres se conseguían os compromisos precisos para o remate do comedor, as concelleiras socialistas adicáronse a alarmar aos pais e nais e a crear unha imaxe degradante do ensino en Salceda que para nada se corresponde coa realidade, faltándolle ó respeto ácomunidade educativa”.

Dende a dirección do centro deuse traslado ao Concello das obras comprometidas pola Xunta de Galicia, e que permitirán ter o comedor rematado a finais deste ano, para poder telo en pleno funcionamento no comezo do segundo trimestre deste curso. Tanto o equipo directivo como o Concello agradeceron a paciencia e comprensión dos pais e nais, e lembran que dende o primeiro momento se estivo en contacto contínuo coa Xunta de Galicia, para ter as instalacións nas mellores condicións, no menor prazo de tempo.

Tere Pérez, Concelleira de Ensino: “Seguimos a traballar por conseguir as mellores instalacións para os nosos nenos e nenas. Seguiremos a solicitar da Xunta de Galicia tódalas melloras que sexan precisas no noso obxectivo de acadar un ensino público e de calidade. A Xunta de Galicia ten as competencias en educación, e non pode deixar a Salceda nin aos seus nenos e nenas de lado”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Agradecemos a implicación do equipo directivo e da ANPA do CEP Altamira, sen os cales sería moito máis difícil conseguir estas melloras. Colexios, ANPAS e Concello seguimos a traballar conxuntamente, pois consideramos que é o único xeito de facelo para conseguir os obxectivos marcados”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad