Participarán no World Cadets Chess Championship que se celebrará en Santiago de Compostela do 3 ao 15 de novembro
Probablemente sexa o club do mundo que leva o maior número de xadrecistas a esta competición
Esta tarde celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción aos 14 xogadores/as do Club Xadrez Mos que participarán no Campionato Mundial ‘Santiago World Cadets Chess Championship’. O acto organizouse para animar e darlles forza aos rapaces/zas que levarán o nome de Mos a tan importante cita deportiva.
Ademais dos xadrecistas mosenses e as súas familias, estiveron presentes na recepción a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Deportes, Baldomero Lorenzo, o de Educación, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, o edil de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto; Cesar Pérez Novás, Secretario do Club Xadrez Mos, e Brais Otero Nogueira, adestrador e Tesoureiro do Club.
Os xogadores do Club Xadrez Mos que participarán no Mundial son:
– Categoría Sub-8: Maia Pérez Sousa, Saúl Costas Senlle, Martín Rodríguez Velasco e Javier del Valle Crespo.
– Categoría Sub-10: Carmen Gallardo García, Noa Costas Senlle, Alexandre Rodríguez Vieito, Mario Bastos González e Pablo Domínguez Escudero.
– Categoría Sub-12 Xabier Pérez Sousa, Alicia Rodríguez Velasco, Óscar Fernández Sanjuán, Carlos Martínez Crespo e Marcos Lemos Crespo.
Probablemente sexa o club do mundo que leva o maior número de xadrecistas a esta competición, xa que non hai constancia de ningún equipo que conte cunha representación tan elevada participando con 14 xogadores.