A administración local aprobará no vindeiro Pleno unha reducción na taxa de vados dun 75%
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou hoxe de que dende o Concello de Mos estase a traballar no orzamento municipal para o vindeiro ano 2019, atopándose xa rematado o estado de ingresos.
No relativo ao estado de ingresos, a rexedora local anunciou que o vindeiro 2019 continuarase coa conxelación de impostos e taxas municipais que se ven mantendo dende os últimos 6 anos consecutivos, reducirase a taxa de vados –cunha modificación da ordenanza fiscal reguladora que será aprobada en Pleno o vindeiro luns 29 de outubro- e boníficanselles ás empresas de nova imprantación en Mos, varios impostos e taxas municipais.
A conxelación dos impostos municipais produciuse no 2012, e ven sendo efectiva durante os pasados exercizos económicos do 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e o actual 2018. Ademais dende o ano 2014, o Concello de Mos incorporou reduccións nalgúns impostos e taxas municipais, así como bonificacións nos mesmos para certos colectivos.
Grazas á mencionada conxelación, os importes seguirán bloqueados durante o 2019 e non experimentarán subidas que graven ós contribuíntes mosenses.
A maiores producirase unha reducción do 75% na taxa de vados para a que se aprobará en Pleno, unha modificación da ordenanza. O Concello de Mos levará a aprobación na sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns, 29 de outubro, a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa, pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calqueira clase, que implicará unha importante reducción nas tarifas da devandita taxa.
A base tributaria estará constituída, segundo ó feito impoñible: polo número, en metros, da lonxitude da entrada, polo número de prazas no caso de garaxes comunitarios e, no caso da plaza de vado, a mesma non terá base impoñible e se aplicará unha tarifa fixa.
As tarifas coa nova ordenanza serán: para entrada de vehículos en vivendas unifamiliares, por metro lineal e ano, 15 euros; para entrada de vehículos en garaxes comunitarios, por metro lineal e ano 20,00 euros, -multiplicados por diferentes coeficientes en función de se son de 2 a 9 prazas, de 10 a 19 prazas, de 20 a 29 prazas, de 30 a 39 prazas ou de 40 a 49 prazas -cando o número exceda de 49 irase calculando a taxa por tramos de 10 en 10 e multiplicando polo coeficiente que corresponda-; para a entrada de vehículos en garaxes ou locais para a garda de vehículos podendo realizar reparacións destes, prestación de servicios de engraxado, lavado, petroleado, etc., ou repostar carburantes, por metro lineal e ano 25 euros -calculándose a taxa do mesmo xeitoca nos garaxes comunitarios-; para a entrada de vehículos en almacéns ou similares, por metro lineal e ano 35 euros; para a reserva de aparcadoiros para carga ou descarga de mercadorías, por metro lineal e día 25 euros e para a reserva de espazos en vías públicas para carga ou descarga de materiais de construción, formigóns, mudanzas, etc., por día 40 euros.
E por último, as bonificacións ás empresas de nova impantación en Mos aplícansenos Impostos de Bens Inmobles, Imposto de actividades económicas, Imposto de instalacións, construcións e obras e as Taxas pola prestación de servicios urbanísticos ou equivalentes e a Taxa pola apertura de establecementos.
No Imposto sobre bens inmobles (IBI), no Imposto sobre actividades económicas (IAE) e no Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) as porcentaxes de bonificación son dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo, dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo e dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Nas Taxas pola prestación de servizos urbanísticos ou equivalentes e pola apertura de establecementos, establécese a non suxeición a dito tributo ós autónomos e empresas que soliciten licenza de obra, de apertura, ou verificación “a posteriori” de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo.
Todas as bonificacións manteranse durante tres exercizos orzamentarios, e concederanse a petición do interesado, unha vez que acredite que se cumpren as condicións requeridas para ser beneficiario de ditas bonificacións.