Redacción 23/10/2018

Elimínase unha fase do procedemento conforme á nova normativa vixente que axilizará os trámites case a metade de tempo

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente, Cándido Pérez, informaron onte da axilización dos expedientes de imposición de orde de execución para limpeza de fincas, grazas á eliminación dunha das fases da tramitación, conforme á nova normativa vixente.

Ata o de agora o procedemento constaba de tres fases: incoación, imposición e subsidiaria; agora redúcese a dúas fases: incoación e subsidiaria. Mediante a incoación o Concello requírelle ao propietario que proceda á limpeza da finca en cuestión nun prazo de 15 días, baixo apercibimento de sanción en caso contrario.

Tras esta fase de incoación, a administración local procede á execución subsidiaria, isto é que se o propietario non limpou a finca no prazo establecido, executa a limpeza o propio Concello, que lle pasaría os custes ao dono e procedería á apertura do correspondente expediente sancionador.

Coa reducción desde procedemento a só dúas fases, os tempos de resolución deste tipo de expedientes rebáixanse, por norma xeral, á metade.

A maiores, o Concello de Mos solicitou tamén a adhesión ao Convenio da Xunta de Galicia, para a Xestión das Redes Secundarias; o que lle permitirá á administración local, aínda unha maior axilización da tramitación dos expedientes de limpeza de fincas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad