A través da Concellería de Ensino os CEIPs visitarán o Castelo do Sobroso, a Senda Botánica, o Castro de Troña e o CITEA
A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández, ofrece actividades medioambientais ao alumnado dos centros educativos de primaria.
Co obxectivo de aprender con clases prácticas e de por en valor o noso patrimonio natural, cultural e paisaxístico, Cristina Fernández convidou a todos os centros educativos a trasladar as clases de ciencias naturais da aula ao exterior.
Grazas a esta iniciativa o alumnado coñecerá in situ a riqueza de Ponteareas. En colaboración coa concellería de Medio Ambiente os mozo e mozas visitarán o Castelo do Sobroso percorrendo a senda botánica que o arrodea e o Castro de Troña. Tamén visitarán a senda do Tea e o centro de interpretación do rio Tea (CITEA) localizado na parroquia de Fozara.
A través de xogos e espectáculos o alumnado afonda nas especies de árbores e arbustos (alóctonos e autóctonos) da senda botánica do castelo do Sobroso para aprender a identificalas.
“Comprobar os coñecementos teóricos na práctica e valorar o patrimonio tanto natural como histórico son a finalidade destas actividades nas que participan todos os centros educativos de primaria da cidade”, engade a concelleira.