Redacción 21/10/2018

Atópase aberto o prazo de inscrición para seleccionar ao alumnado -persoas desempregadas (AFD)- e equipo docente

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de conceder ao Concello de Mos catro accións formativas destinadas a persoas desempregadas, por un importe total de 249.580 €.

Con isto, a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías pretende aportar unha formación de calidade que permita aos alumnos obter unha serie de habilidades e coñecementos que aumenten as súas posibilidades á hora de acceder a ofertas de emprego.O Concello de Mos segue a ser un gran promotor da formación para o emprego, desenvolvendo cada ano múltiples cursos formativos co fin de incrementar o nivel de inserción laboral das persoas desempregadas.

As catro accións formativas que se van a impartir serán as seguintes:

  • Dous cursos de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (FMEC0210) – 678 h. (Un en horario de mañá e outro en horario de tarde).
    • Nivel de cualificación: 2
    • Requisitos de acceso:
      • Estar en situación de desemprego.
      • Estar en posesión do título da E.S.O.
      • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
      • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional.
      • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
      • Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
      • Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 2.

 

  • Docencia da formación profesional para o emprego (SSCE0110) – 389 h.

Postos de traballo relacionados: formador de formación non regrada, formador de formación ocupacional non regrada, formador ocupacional, formador para o emprego e formador de formadores.

 

  • Mercadotecnia e compravenda internacional (COMM0110) – 768 h.

Postos de traballo relacionados: técnicos en comercio exterior, axente comercial internacional, técnico de marketing internacional, técnico de venta internacional e asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais.

 

  • Nivel de cualificación profesional de ambos cursos: 3
  • Requisitos de acceso a ambos cursos:
    • Estar en situación de desemprego.
    • Estar en posesión do titulo de Bacharelato.
    • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
    • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional.
    • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
    • Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
    • Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 3.

 

Estes catro cursos contarán con prácticas non laborais en empresas, onde os alumnos terán a oportunidade de desenvolver os novos coñecementos adquiridos ao longo da acción formativa nun ambiente real de traballo, que de seguro lles será de gran utilidade para o seu futuro profesional.

Todas estas accións formativas teñen os procesos de selección de alumnado, así como de docentes,  abertos, e a data de comezo será en breve, polo que calquera persoa interesada na participación nestas accións formativas debe facer a súa solicitude a través da oficina de emprego do Porriño -SEPE-, ou ben informarse no teléfono 986 487786 ou no correo: info@axenciadecolocacionmos.es.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad