
Ás 20:30 h o escritor Manuel Esteban presenta a novela policial “O meu nome é Ninguén”
A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, convida á veciñanza a participar nunha nova presentación dos Venres D-letras co gañador do premio Xerais 2016 -“A ira dos mansos”-, Manuel Esteban.
O escritor presentará o seu segundo libro “O meu nome é Ninguén” este venres 19, ás 20:30 h no salón de plenos do Concello; deste modo coñeceremos a historia de Carlos Manso, un inspector de policía desencantado tras 20 anos de oficio, un antihéroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade.
O inspector de policía Carlos Manso, mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo aos nosos semellantes.
“O meu nome é Ninguén” é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.
Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971) es médico especialista en Medicina Familiar y Comunitaria, ademáis de mestre da rama sanitaria de Formación Profesional. Traballa no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down e foi durante 8 anos, vicepresidente de Downvigo. Coa súa primeira novela “A ira dos mansos”, tamén protagonizada polo inspector Manso, acadou o Premio Xerais en 2016.