Redacción 16/10/2018

Trátase de cursos e talleres financiados na súa totalidade

 

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista financia ao 100% diferentes cursos de 15 h de duración.

Nestes intres están en marcha o curso de Memoria, en San Mateo; o de Matemáticas avanzadas, en Guláns e Moreira; o de Cestería, en Arcos e Moreira; o de Cosmética e Hixiene Natural, en Arcos, Canedo e Moreira; o de Manualidades e Reciclase, en Guláns; e o de Pintura e Debuxo, en San Mateo e Santiago de Oliveira.

A piques de comezar, e aínda con prazas libres, ofrécense os cursos de Caracterización e Automaquillaxe, en Canedo e Xinzo; o de Cosmética e Hixiene Natural, que se celebrará en Bugarín; e o de Cestería, en Areas.

A concellería de Cultura tamén ven de pechar os cursos de Memoria, en Cumiar e Fontenla; Hatha Ioga, en Cumiar, Guillade e Prado; Creativarte, en Cristiñade, Padróns, Prado e Santiago de Oliveira; Caracterización en Cristiñade; Cestería, en Ribadetea e Xinzo; e Pintura e Debuxo, en Pías.

Dende o Concello queren achegar ao rural actividades lúdico-didácticas para diferentes idades, atendendo ás demandas da veciñanza, que se poden inscribir nas propias casas parroquiais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad