Redacción 08/10/2018

Trátase dunhas xornadas dirixidas a alumnos de 5º e 6º de Primaria e 4º da ESO

 

O Concello de Salvaterra, en colaboración cos centros de primaria e o IES, ven de organizar unhas xornadas de promoción da igualdade entre os máis cativos, co fin de crear e facer conciencia sobre a igualdade no seu día a día.

Estas xornadas foron impartidas por persoal especializado na materia, e enfocadas á aplicación da perspectiva de xénero entre o alumnado do municipio. Charlas de sensibilización e prevención creativa contra á violencia de xénero e as redes sociais. Actividade articulada como un proceso grupal, no que se partiron de conceptos clave relativos á igualdade de xénero para ir entrando pouco a pouco en contidos máis complexos.

Nos centros de Primaria traballouse co alumnado de 5º e 6º a perspectiva de xénero aplicada aos comportamentos cotiás e as redes sociais, co fin de ser capaces de detectalas e cambiar a súa conducta.  Nesa mesma liña foi tamén a charla impartida aos alumnos de 4º da ESO do IES.

Según as palabras da 1ª Tte de Alcalde,  Marta Valcarcel “dende o  Concello buscouse que o alumnado asumira o papel protagonista, participando dos procesos de reflexión colectiva e na obtención das conclusións en cada dinámica, co fin de crear conciencia e cambiar hábitos e conductas”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad