Redacción 02/10/2018

A concelleira de Seguridade Cidadá afirma que aínda sendo requeridos polo servizo de emerxencias omiten nas súas notas de prensa a colaboración dos mesmos

 

A concelleira socialista de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, vén de remitir un escrito á Dirección Xeral de Emerxencias manifestando o seu “malestar” co servizo de emerxencias do 112 ao omitir nos seus comunicados públicos a colaboración do servizo de bombeiros de Ponteareas.

A concelleira pon como exemplo as comunicación emitidas polo 112 sobre o incendio na pranta de Xesnatura no polígono industrial de O Porriño o pasado día 11 de setembro donde “foron requeridos polo propio 112 e unha vez máis omitiron a colaboración dos nosos bombeiros nas súas notas de prensa”.

A concelleira engade que se sinte na obriga de pedir explicación sao respecto e quere saber si “estes feitos son fruto da casualidade ou de si existe algunhas indicacións para que se omita a colaboración do servizo de bombeiros de Ponteareas”.

Resalta, a concelleira, o compromiso e profesionalidade do servizo de extinción de incendios de Ponteareas que prestan auxilio as 24 horas do día, facendo o mesmo traballo que fan outros parques que contan con máis dotacións, e atendendo ademáis do concello de Ponteareas outros sete concellos limítrofes.Fernández engade que “con esta actitude reiterada só cabe pensar que a Xunta quere silenciar o traballo dos nosos bombeiros e do goberno de Ponteareas en xeral”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad