Redacción 01/10/2018

Dende principios deste mes de outubro 24 vivendas máis do barrio de A Gándara xa poderán conectarse

 

Un total de 24 vivendas do barrio de A Gándara, en Torneiros, que ata hoxe eran usuarias da traída veciñal, poderán conectar coa Rede Municipal de Abastecemento en canto rematen os traballos que está a realizar nesta zona a Concellería de Vías e Obras.

O tenente de alcalde, Manuel Carrera subliña que as veciñas e veciños desta zona poderán ter servizo de auga potable, logo dunha modificación orzamentaria impulsada dende o Goberno local, á que opúxose o Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.

Maila a esta oposición do PP, os residentes de A Gandara terán acceso ao saneamento municipal, “algo que debía de facer este Goberno local e que será unha realidade a principios do mes que vén”.

Para que sexa así, vanse instalar 416 m lineais de tubaxe e se completarán 16 acometidas, que rematarán cuns traballos iniciados a principios de setembro e que contan cun orzamento de 36.000 €.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad