Redacción 26/09/2018

Solicitarán o apoio para os traballadores da televisión galega que denuncian a falla de imparcialidade e obxectividade impostas  

 

Tanto dende GañaMós como dende En Marea apoian á plataforma “Defende a Galega” que no marco destas protestas denominadas “Venres Negros” ven defendendo dende entón, a súa imparcialidade política e o seu único interese en reivindicar uns medios públicos que defendan as galegas e os galegos, destacando como principal demanda a creación do Consello de Informativos tal e como estabrece a Lei, e que nunca chegou a ser posto en funcionamento, como unha ferramenta fundamental que garanta o traballo independiente das e dos profesionais que traballan na TVG e na RG.

Un dos pasos máis recentes, e que por primeira vez organizan conxuntamente os comités de empresa da CRTVG e CRTVE-Galicia, foi a celebración da manifestación pola dignidade dos medios públicos o pasado 8 de setembro en Compostela. Un acto de reivindicación conxunto dos traballadores de ambas entidades que visibilizou as protestas e denuncias ante a falla de imparcialidade e obxetividade, provocadas pola inxerencia do Goberno da Xunta. Un acto no que estivemos presentes as forzas do cambio.

Mediante esta moción o Grupo Municipal GañaMós solicitará ao pleno de Mos que se adopten os seguintes acordos:

– Instar ao Goberno da Xunta de Galicia ao cumprimento íntegro da Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación  Audiovisuales de Galicia, garantindo a creación do Consello de Informativos tal como recolle dita lei.
– Manifestar o apoio do Concello de Mos á plataforma “Defende a Galega” e aos profesionais de CRTVG e CRTVE-Galicia, nas súas reivindicacións por un traballo libre e independente.
– Dar traslado dos acordos ao Goberno da Xunta e a plataforma “Defende a Galega”.

Texto integro moción en apoio das traballadoras/es da CRTVG:
https://asembleavecinalmosense.com/2018/09/12/mocion-en-apoio-das-traballadoras-es-da-crtvg/

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad