Redacción 20/09/2018

O goberno de Ponteareas aprobou unha redución na cota tributaria para resarcir as cantidades desembolsadas para adaptarse aos novos requisitos estéticos

 

O goberno de Ponteareas regula os aspectos estéticos das terrazas ao aprobar no pleno ordinario celebrado onte martes o “plan de ordenación estética das terrazas” que se anexará á ordenanza reguladora da instalación das terrazas.

Cos votos a favor do goberno este plan regulará as infraestruturas e mobilario urbano que vai ser permitido nas terrazas de veladores que ocupan os espazos públicos para mellorar a imaxe do concello.

Este plan de ordenación da estética das terrazas afectará solo ás zonas rehumanizadas, como por exemplo o Paseo Matutino, e ás novas novas licencias e a todos os que queiran voluntariamente contemplar a nova ordenanza. Dependendo da terraza que teña cada un terá unhas condicións estéticas diferentes

A concellería de Comercio, Hostalería e Consumo que dirixe Inés Vidal pretende que con este plan se consigan espazos de identidade e unidade de imaxe e mesmo que o mobiliario e o deseño xeren un carácter propio e identificativo do lugar no que se sitúan, así se consensuou cos hostaleiros nas reunións mantidas previa á redacción deste anexo.

Inés Vidal porá a disposición de toda a hostelería a nova ordenanza. 

Vidal contempla que se produza unha coherencia no conxunto, buscando a simplicidade e evitando a proliferación innecesaria de obxectos que creen unha imaxe desordenada.

As novas terrazas non poderán colocar toldos laterais pero si cerramentos de cristal, madeira,  policarbonato e metacrilato, tamén se reduce o tamaño das marcas comerciais.

Ademais, no pleno de onte os votos do grupo de goberno permitiron tamén a aprobación da modificación  da taxa por ocupación de terreos de dominio público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos.

A concelleira entende que no plan aprobado onte recóllense unha serie de requisitos estéticos para as zonas rehumanizadas e novas licencias, así coma unha inversión en determinados materiais, aos que deberán de adaptarse os negocios locais desas zonas, sen que, ata o momento, estivese regulada ningún tipo de compensación.

“Non se contempla, a importante inversión que van ter que facer, tanto as terrazas xa existentes que se encontren en rúas que sexan humanizadas con posterioridade a obtención da licencia municipal de actividade, coma as terrazas xa existentes e autorizadas anteriormente a entrada en vigor deste Anexo, que se atopen en rúas non humanizadas, que se adapten aos novos criterios de xeito voluntario”.

“O que se pretende, con esta modificación, é o poder resarcir, aínda que nun pequeno porcentaxe, as cantidades desembolsadas polos empresarios que se adapten aos novos requisitos estéticos, xa que con este acondicionamento, conséguese a mellora e o embelecemento do pobo”.

Por unanimidade tamén se aprobou no pleno celebrado onte a redacción dun proxecto de saneamento integral para a parroquia de Ribadetea.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad