Redacción 05/09/2018

Calidade e variedade con mais de 40 actividades

A cantante galega SÉS, o obradoiro de confección do traxe galego e unha feira dos Remedios -na que o gando cobra protagonismo- principais atractivos da programación

 

A Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, dirixida por Hortensia Bautista, presentou o programa das festas do mes de setembro que un ano máis, ten como obxectivo ofrecer actividades para un amplo público no que todos os membros da familia atopen algún atractivo.

Dende o día 1 e ata o día 30 de setembro en Ponteareas poderemos asistir a concertos de diferentes estilos musicais, desfiles, concursos, obradoiros, espectáculos de maxia, animación nas rúas e diferentes ofertas culturais e de lecer.

A concelleira convida a toda a veciñanza a participar e desfrutar das actividades festivas nas que non faltan novidades.

Este sábado e domingo, como xa se anunciara, o museo municipal acolleu a exposición de bonsais, obradoiros de iniciación á poda e demostracións de traballos de madeira morta. O domingo día 2 comezou o XXXI Festival Folclórico a partir das 19.00 h coa ruada das agrupacións folclóricas “Os Muíños de Oliveira”, “Casa Cultural de Areas”, “Pedra da Garza de Fozara” e “Algazara de Celeiros” que actuaron no auditorio municipal a partir das 20 h.

Como novidade este ano por vez primeira, a veciñanza poderá participar no obradoiro de confección do traxe galego totalmente de balde todos os xoves de setembro (6,13, 20 e 27).

O venres día 7 ás 12.30 h os xigantes e cabezudos toman as rúas do centro urbano e a animación musical tomará o relevo ás 21.00 h e ás 23.30 h coa agrupación TheTurre´s Band. Ás 22.00 h na Praza Maior terá lugar o espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.

O prato forte desta primeira quincena de festas chega o sábado día 8, coa XII Feira Tradicional dos Remedios que abrirá as súas portas ás 10.00 h na praza Bugallal, rúa Vidales Tomé e rúa Morales Hidalgo; exposición de gando; concurso de traxes de época, con premios para os gañadores e gañadoras; e animación de rúa. O concerto da Banda de Música Unión de Guláns e a actuación da orquestra La Dimensión na praza Maiorás, ás 22.00 h e ás 01.00 h, completarán o programa para este sábado día 8, no que a famosa cantante galega SÉS ofrecerá un concerto na praza do Concello ás 23.00 h.

O domingo día 9 a partir das 19.00 h a segunda volta do XXXI Festival Folclórico encherá de ritmo o centro urbano coa ruada das agrupacións folcloricas de Xinzo, S. Salvador de Padróns e Sadeo que actuarán no parque da Feira Vella ás 20.00 h. Na praza Bugallás, ás 21.00 h e ás 00.00 h, actuará a orquestra Mar Azul; e a orquestra Ceniza na praza Maior, ás 22.30 e 01.30 h.

O luns día 10 será festivo local e todo o mundo, maiores e pequenos, desfrutarán do tobogán acuático de maís de 60 m. instalado na rúa Constitución de 12.00 a 14:30 h e de 17:30 a 21 h. Este tobogán xigante retará a todos os que desexen atreverse co chapuzón, aberto a todas as idades. Tamén haberá animación de rúa a cargo do grupo Os Viqueiras; e ás 22.00 h música da orquestra espectáculo La Fórmula, na prazaMaior.

A presentación do premio Fermín Bouza Brey chega o xoves día 13, ás 20.00 h no salón de plenos da casa do concello; e o venres 14 a prazaMaior será da mocidade, que participará en obradoiros de DJ e Breakdance. Ás 19.00 h inaugurarase no auditorio municipal a exposición de pintura de Aurora Quinteiro e Charo Quinteiro que estará aberta o mércores, xoves e venres de 18.00 a 20.00 h e os sábados de 11.00 a 13.00 h.

O concerto “Música Rebelde” contará cos grupos Son da Rúa, Ezetaerre e The Skarnivals no parque da Feira Vella, ás 22.00 h do sábado día 15.

O domingo día 16 a Banda de Música Reveriano Soutullo ofrecerá un concerto nos xardíns do concello ás 12:30 h logo de percorrer as rúas do centro da vila.

A programación cultural e festiva prolongarase na segunda quincena de setembro no marco das festas de San Miguel que tamén traerán a Ponteareas moita música, o  máis prestixioso concurso de gaitas do país e actividades para todos os públicos.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, destaca a importancia de ofrecer actividades de festivas, de lecer e culturais nas que o máis importante sexa a participación da cidadanía que, con motivo das festas, pode gozar de momentos propicios para a relación social.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad