Poderán formarse equipos cun máximo de 4 xogadores nas categorías senior-junior, cadete-infantil e torneo minibasket-benxamín
A Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, e o Club Baloncesto Condado, presentaron a semana pasada o Torneo Basket na Rúa 3×3, evento que terá lugar este sábado día 1 de setembro na Praza Maior ás 16:00 h.
Esta edición contará co torneo senior-junior, o cadete-infantil e o torneo minibasket-benxamín, e os equipos poderán ter un máximo de catro xogadores.
A preinscrición pódese facer a través da páxina da rede social Facebook do Club Baloncesto Condado (https://www.facebook.com/ClubBaloncestoCondado/?ref=br_rs) ou no número de teléfono 670 969 826.
Este evento conta, asemade, cun lado solidario; e é que se convida aos participantes a aportar produtos de limpeza xeral e de hixiene persoal para doar á asociación sen ánimo de lucro, Ponte Solidario.
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a toda a veciñanza a participar nesta actividade deportiva divertida e apta para toda a familia, e agradeceu, do mesmo xeito, a implicación do Club Baloncesto Condado para levar adiante un ano máis un torneo que xa se espera tódolos anos na vila.