Máis de 120 deportistas participaron na terceira proba do reto deportivo organizado pola Deputación de Pontevedra
Tras as primeiras tres carreiras,Mónica Mezquita e Brais Misalideran a clasificación xeral do “DepoDesafío 2018”
O concello da Cañiza gozou este domingo 26 de agosto dun bonito trail encadrado no “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra. Cun éxito de participación, récord ata o momento no reto deportivo da institución provincial, na metaimpuxéronse Ariana González e Brais Misa.
A proba, unha carreira a pé que atravesou os montes da Cañizacun percorrido duns quince quilómetros, foi a terceira parada do “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra despois da carreira entre Tomiño e A Guarda e a travesía a nado no Grove. Este trailde montaña supuxo unha nova vitoriapara Ariana González,na categoría feminina, e Brais Misana masculina, porque tamén foron os vencedores da proba inaugural no Baixo Miño.
Ariana González gañou cun tempo de 1 hora, 15 minutos e 44 segundos, avantaxando en tan só 28 segundos a Uxía Fernández. A terceira en cruzar a liña de meta foi Mónica Mezquita, que actualmente lidera a clasificación xeral do “DepoDesafío 2018”. A falta de dúas probas Mónica Mezquita acumula 520 puntos, 5 máis que Ariana González. Pola súa banda, en categoría masculina, o gañador foi Brais Misa, que completou o trail da Cañiza en 59 minutos e 19 segundos, conseguindo deste xeito unha vitoria moi clara por diante de David Garrido, que acabou a proba cun tempo de 1 hora, 2 minutos e 31 segundos.Con esta nova vitoria, Brais Misa recupera o liderado da clasificación xeral cos seus 480 puntos, 35 máis que Ricardo Rey, que nesta proba foi cuarto, e cunha vantaxe de 95 sobre David Garrido.
Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.
Tras o trail da Cañiza, a seguinte proba do “DepoDesafío 2018” será unha proba BTT en Cerdedo-Cotobade, o domingo 16 de setembro. Para esta carreira a inscrición estará aberto, na web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/depodesafio/probas), ata o vindeiro 14 de setembro. Tamén está aberto o prazo de inscrición para a última proba, o tríatlon de Vigo, que celebrarase o primeiro fin de semana de outubro.
“Depo Desafío 2018” enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.