Trátase dunha unha orixinal actividade lúdica ao aire libre para disfrute de pequenos e maiores e de balde
A vindeira fin de semana chega a Mos unha orixinal actividade lúdica para gozar en familia organizada pola concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro.
É a iniciativa titulada ‘XogaMos en Familia’, que terá lugar ao longo do sábado 25 de agosto nas inmediacións da Piscina ao Aire Libre de San Eleuterio. O horario será de mañá de 11.00 a 14.00 h, e de tarde de 16.00 a 21.00 h; durante todo o día cativos e maiores poderán disfrutar de xogos con elementos de construción, tirolina xigante, obradoiro de confeción de chapas, Photocall, tobogán na piscina…
Trátase dunha actividade totalmente de balde.