Salvaterra de Miño convida a esta festa do viño que chega xa a súa edición número 59 e que comezou hoxe coa súa primeira cata das programadas
En Salvaterra cheira a viño, cheira a condado, xa que este luns daba comezo a LIX Festa do Viño do Condado do Tea, coa cata comentada de viños brancos da D.O Rías Baixas. Iniciase así unha semán enteira onde se lle rende tributo a un producto moi importante para o municipio.
Nesta edición participarán 28 adegas que achegarán a Salvaterra e a todos aqueles que decidan visitala, no último fin de semana de agosto, máis de media centea de viños.
As actividades desta festa monográfica do caldo galego continúa mañá martes, co curso/cata comentada de viños Brancos das diferentes D.O. Galegas; o mércores 22, tocaralle o turno aos Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea.
O Venres 24 terá lugar a inauguración oficial da festa, e a partires de ese momento todos aqueles que o desexen, poden desfrutar destes caldos nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra; así como das súas noites gastronómicas onde se mistura cultura, historia, música, gastronomía e lecer; algo que fai que esta Festa do Viño do Condado do Tea sexa única.