Redacción 18/08/2018

A diversión familiar protagoniza a programación municipal organizada polo Concello

 

Ademáis das sesións de cine ao aire libre programadas para os días 17 e 24 de agosto, a concellería de Participación mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, ten programada outra actividade lúdica para gozar en familia durante este mes de agosto e que dá continuidade á proposta cinematográfica.

É a iniciativa titulada ‘XogaMos en Familia’, que terá lugar ao longo do sábado 25 de agosto nasinmediacións da Piscina ao Aire Libre de San Eleuterio. O horario será de mañá de 11.00 a 14.00 h e de tarde de 16.00 a 21.00 h, e durante todo o día cativos e maiores poderán disfrutar de xogos con elementos de construción, tirolina xigante, obradoiro de confeción de chapas, Photocall, tobogán na piscina…

O mes de setembro continuará sendo un mes familiar no Concello de Mos. Outra actividade para gozar en familia será a excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal) que se realizará o 8 de setembro e que, debido ao enorme éxito de afluencia que sempre acada, é o terceiro ano consecutivo que se ven realizando.

O prazo de inscriciónnestasaídaabrirase o vindeirovenres 20 de agosto e rematará o día 30 deste mes. As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos das Pozas ou no Rexistro Xeral do Concello de Mos.

Os menores de 4 anos poderán participar de balde nestaviaxe, mentres que o prezo para os nenos/as de 5 a 11 anos e para os maiores de 65 anos é de 10 €, e para as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 65 anos o prezo é de 15 €.

Por último, e a través do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos ofrecerá no Multiusos das Pozas un obradoiro de creación de xoguetestradicionais titulado ‘Xogos e xoguetestradicionais. Xogando en familia’. Impartirase do 3 ao 7 de setembro en horario de mañá e as beneficiarias serán as familias con nenos/as maiores de seis anos.

O prazo de inscriciónnestainiciativaabriusehoxe e rematará o día 24deste mes. As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos das Pozas ou no Rexistro Xeral do Concello de Mos.

Todas as actividades son totalmente gratuítas agás a excursión a Amarante, que conta con prezos moi populares e asequibles para que poida participar toda a familia.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad