Redacción 17/07/2018

Arxentina, Taití, Xapón e Galicia súbense ao escenario da Feira Vella o domingo 22 ás 21:30 h

 

A concellería de Cultura e Turismo que dirixe Hortensia Bautista e o Alcalde de Ponteareas presentaron xunto á Agrupación Folclórica Algazara unha nova edición do “Algazara Danzando entre Culturas” que terá lugar o vindeiro domingo día 22 de xullo a partir das 21:30 h no parque da Feira Vella.

Representantes do folclore galego, de Arxentina, de Taití e de Xapón subirán ao escenario da Feira Vella para encher de exotismo, cultura e tradición esta nova cita cun festival que pon en valor as danzas e músicas máis ancestrais.

Vestimenta, instrumentos, ritmos, coreografías, atrezzos e movementos que son símbolo de identidade dos diferentes pobos que este ano visitan Ponteareas.

Para a concelleira de Cultura e Turismo, este festival pon en valor a danza e sons como manifestación cultural dunha poboación e como nexo de unión de distintos puntos das distintas civilizacións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad