O Alcalde de Ponteareas adianta que esta é a primeira vez que o concello conta con tres anos consecutivos de obradoiros de emprego
O goberno de Ponteareas clausurou hoxe xunto ao delegado provincial da Xunta de Galicia Xosé M. Cores Tourís o III Obradoiro de Emprego “Compromiso Social III” que deu emprego e formación a vinte persoas nas ramas de sociosanitaria e albanelería. Ademais destas vinte persoas alumnas-traballadoras tamén xenerou os postos de traballo do equipo directivo, docentes e persoal adminstrativo.
Este obradoiro permitíu a mellora do curriculum de vinte alumnos e alumnas para as que ademais supuxo un traballo remunerado. Dez persoas en situación de desemprego formáronse na especialidade de operacións auxiliares de revestimento e construción nivel 1, e outras dez formáronse na rama de sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución.
O Alcalde de Ponteareas adianta que nestes intres o 50% do alumnado participante xa atopou un traballo na rama na que se acaba de formar. “É unha satisfacción ver o obxectivo perseguido se cumpre coa inserción laboral da metade do alumnado nada máis acabar o obradoiro. De seguro que serán máis os que acaden un posto de traballo”.
Ademáis, Represas salienta que fruto do esforzo e empeño invertido na procura de ofrecer postos de traballo e formación por primeira vez Ponteareas conta por terceiro ano consecutivo cun obradoiro de emprego.
Durante nove meses traballaron contratados a tempo completo e recibiron formación teórica nas instalacións do CDL para aplicar logo estes coñecementos adquiridos nas prácticas realizadas.
Un total de 360 h de teoría e 1.080 h de prácticas que empregaron en mellorar servizos e infraestruturas municipais que beneficiarán a toda a cidadanía.
Dentro das horas de prácticas, os traballadores e traballadoras melloraron o interior da antiga escola de Guillade e as instalacións do auditorio municipal destinadas anteriormente á radio municipal. Pola súa banda o alumnado do módulo de sociosanitaria desempregou as súas horas prácticas na residencia de maiores Santa Ana e en 43 domicilios.
Estes obradoiros, que dan prioridade ás persoasbeneficiarias da renda de integración social de Galicia, facilitan a inserción laboral e súmanse aos esforzos en materia de emprego que este goberno de Ponteareas está realizar.
Ao longo deste ano o goberno de Ponteareas tamén conseguíu unha subvención de 125.691 € para cursos de formación ocupacional dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Os cursos capacitaron ao alumnado en “Mercadotecnia e compravenda internacional” e “Creación e xestión de microempresas”. O curso de mercadotecnia, de 828 h, contou cun orzamento de 73.368 € e o de creación de microempresas, cun orzamento de 52.323 €, realizouse durante 598 h.
Unha das prioridades do goberno de Ponteareas é o fomento de emprego, nas últimas semanas tamén se abriu o prazo para inscribirse no obradoiro de emprego “Compromiso Social III” que permitirá a inserción laboral e a formación de máis de vinte persoas desempregadas.
Para o Alcalde de Ponteareas traballar na procura de apoios económicos que fomenten a creación de emprego e formación para a inserción laboral é decisivo para garantir unha mellora na calidade de vida da veciñanza. Obter formación reglada e acorde coa actual demanda do mercado laboral totalmente de balde sen ter que desprazarse a outras cidades é outro dos obxectivos do goberno de Ponteareas.
Ademais, dentro do Plan Concellos acaban de incorporarse vinte empregados aos que o concello ampliou en tres meses máis o contrato para acadar un total de doce meses nos que desempeñarán labores nos distintos departamentos municipais.
Ao longo do ano, o goberno contratou en distintos réximes traballadores e traballadoras administrativas, limpadores e limpadoras, albaneis e peóns de medio ambiente entre outros postos.
O Alcalde Suliña que por primeira vez en moitos anos fíxose unha convocatoria pública de emprego para cubrir en réxime de interinidade prazas vacantes e crear listaxes de substitucións en diferentes categorías.
“Nun proceso transparente e de igualdade de oportunidades, o goberno seleccionou funcionarios interinos e persoal laboral temporal na categoría de auxiliar administrativo e convocou unha praza de traballador/a social como persoal laboral para cubrir unha praza vacante por xubilación, creando ao mesmo tempo listaxes de substitucións para cubrir baixas por enfermidade, vacacións ou acumulación de tarefas”.