O goberno local ocupado noutros temas
Cando hai dous meses o Bng lle preguntou ao gobernó local sobre a aplicación da Lei 3/2007 de prevención de incendios, e dos cambios introducidos na Lei 9/2017, a resposta foi que non sabían en que lle afectaba ao concello.
Nese mesmo momento díxoselle que tiñan que aplicar, desde o concello, esa lei aínda , e que eles eran os responsables.
A limpeza de cunetas e balados está moi ben, as novas de que hai numerosas persoas traballando por suposto é correcto, pero contratadas agora? En pleno verán? Onde queda a prevención? De seguro que nun caixón gardada.
Quen percorra o noso concello, atopará que a gran mayoría de viais teñen as árbores prácticamente enriba da estrada, incumplindo a normativa gravemente.
O gobernó local non quere asumir esa responsabilidade porque non quere enfrentarse aos vecinos, pero quedar ben con todo o mundo non é viable en política.
No caso dun incendio e se quedan atrapadas persoas na estrada, a quen se lle vai botar a culpa?. O responsable é o concello por non esixir o cumplimento da lei e por non facela cumprir aínda que sexa subsidariamente.
Esiximos ao gobernó do PP que de xeito inmediato asuma a súa responsabilidade e comece a esixir , que por seguridade de toda a cidadanía se cumpla a lei.