
O Grupo socialista solicitou no pasado pleno que se realicen as actuacións necesarias para dotar o Pavillón Municipal de accesibilidade
Salceda dispón dun Pavillón Municipal con numerosas actividades deportivas, tanto de entrenamento, como campionatos e exhibicións. Ademais, en moitas ocasións tamén acolle actividades culturais e solidarias. Sen embargo, esta infraestructura non dispón de ningún tipo de accesibilidade para aquelas persoas que teñen problemas de mobilidade”, afirma a voceira Verónica Tourón.
No pasado Pleno Ordinario as concelleiras socialistas destacaron “dende o noso grupo consideramos prioritarias todas aquelas actuacións que nos levan a ser unha sociedade máis igualitaria e que eliminen as barreiras de accesibilidade que este colectivo sufre no día a día. Xa na pasada lexislatura, cando xestionábamos a concellería de deportes, comezouse o estudo, e solicitáranse diversos orzamentos para dar solución a este problema, que se podían agora retomar”.
Entenden ademais que se debe priorizar aquelas obras máis necesarias e darlle prioridade á eliminación de barreiras, posto que como é lóxico sería imposible realizalas todas.