Redacción 06/07/2018

Tanto Fenosa, como o concello e o servizo de Emerxencias da Xunta desoen as reiteradas queixas dos afectados

 

 

Os veciños do barrio de Pego advirten do perigo que reviste o estado dunha torreta de media tensión que se ubica a escasos metros das súasvivendas. O poste metálico que soporta o tendido eléctrico está visiblemente inclinado, o que provoca unha excesiva tirantez nos cables. Isto fai temer aos veciños polo risco de rotura do cableado, coas consecuencias que iso podería traer. O tendido atravesa unha zona de arborado moi denso e está tocando directamente as polas e, nalgúns casos, o propio tronco das árbores.

Os veciños quéixanse ademáis da falla de limpeza da zona. O trazado está cuberto pola maleza e Gas Natural Fenosa (agoraNaturgy) non fixo os labores de desbroce e clareo do tendido a que está obrigada por lei.

O portavoz do BNG, que  estivo o martes pola tarde en Pego cos vecinos, faise eco desta denuncia veciñal e lamenta que tanto a compañía eléctrica, propietaria da liña, como o Servizo de Emerxencias 112, dependente da Xunta, como o propio concello do Porriño, desoísen as reiteradas denuncias formuladas ante todos eles polos residentes no barrio.

Apoiamos aos veciños na súa reclamación, atendemos a súa preocupación polo perigo que reviste o mal estado da instalación e demandamos unha solución urxente. Instamos ao goberno local a que de xeito inmediato requira a empresa para que subsane a deficiencia que presenta o tendido eléctrico e reforce as medidas de seguridade para as vivendas próximas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad