Redacción 07/08/2025

Cumprida xa unha semana do asasinato da compañeira do SAF do Porriño, Teresa de Jesús e aínda estamos en shock moitas das que compartimos labor profesional con ela

Autora: Patricia Pampillón

Son moitas as palabras de ánimo recibidas polo acontecido, pero moi poucas as accións dos organismos competetentes para evitar que este lamentable feito poida repetirse, e que o asasinato a sangue frío dunha traballadora do SAF mentres realizaba o seu traballo de axuda a unha persoa dependente nos seus labores diarios.

Esta desgraza é o desenlace do que moitas hai tempo vimos avisando e advertindo que podía acontecer, moitas das que diariamente nos enfundamos os nosos uniformes de traballo e deixamos a nosa vida e problemas nos nosos coches ou mochilas e afrontamos o noso traballo con ilusión, forzas e ganas de mellorar a vida de aquelas persoas a quen temos que axudar co noso gratificante labor no humano, pero tan denostado, olvidado e castigado no laboral.

Son moitas as persoas usuarias co seu agarimo e sorriso nolo agradecen, ao igual que moitas familias que nolo poñen mais fácil e nos dan o seu recoñecemento para facernos sentir unha mais das súas famílias; mais lamentablemente tamén nos atopamos soas en situacións moi difíciles nas que a nosa integridade física e psicolóxica se atopa nas mans de moito ser desagradecido que se cre con dereitos sobre nós, sobre o noso labor e pretende excusarse nel para abusar de nós coa total impunidade que iso lles supón, xa que a maioria das vítimas, o único que reciben das súas empresas -que deben velar pola integridade física e anímica das persoas traballadoras- é a resposta típica: renuncia ao servizo, tenta aguantar mentras non atopamos quen te cubra… Esa é a excusa máis empregada, a solución a que máis se recorre, cambiar a cara e nome das auxiliares pero non atallar o problema de raiz que é a falta de respecto e humanidade do agresor, quen abusa da nosa soidade e profisionalidade do servicio para abusar física, psicoloxica ou laboralmente.

O diñeiro que pagan polos nosos “servizos” é o primordial, somos carne de canón e padecemos abusos ante a impunidade das empresas concesionarias que ademais, pasando por encima da ética e dos nosos dereitos e sen pizca de humanidade, moitas veces silencian os graves problemas que os SAF e as súas auxiliares sufrimos para quedar ben diante dos Concellos pertinentes e das súas asistentes sociais con tal de seguir enchendo os seus petos e consolidando “o seu boa labor e satisfacción dos familiares” sexa o custe que sexa e pasando por riba do benestar e seguridade incluso das persoas que realmente poñen a cara e o corpo para realizar o servizo in situ e pisando e burlándose dos seus dereitos e da humanidade e recoñecemento que polo simple feito de facilitar a vida dos mais necesitados mereceríamos.

Á Xunta, Concellos e demais Organismos lles pediría como auxiliar, como profesional sanitaria dun servizo esencial como é o SAF que se deixen de brindis ao sol, de palabrerío barato e que en vez de secundar ou convocar minutos de silencio os eviten, ao igual que os abusos, ben sexan físicos ou psicolóxicos. As agresións verbais, físicas e o maltrato psicolóxico son tamén preocupantes e deberían ser motivo de protestas, concentracións e accións inmediatas como retiradas de servizos ou castigo para os abusadores das compañeiras. Enchen a boca dicindo que a solución sería ir a comisarías e denunciar … ¿en serio? A unha traballadora a quen lle pegan, insultan maltratan psicolóxicamente co menosprezo ao seu traballo e á súa capacidade profesional lle piden saquen forzas para ir a unha comisaría, cando xa nos esforzamos en tentar contarllo a quen debería defendernos nas empresas; e non só non o fan senón que insinúan que a culpa é nosa e nos piden que aguantemos ou cando non, botan man do recurso máis empregado que é dubidar da nosa capacidade profesional.

Moitas das compañeiras ademais do vocacional empregan o seu posto de traballo como sustento principal dos seus fogares e das súas familias e teñen medo a perdelo e por iso aguantan as chantaxes crueis das empresas que ofrecen servizos nos SAF e que maiormente xogan con ese medo e carecen de sensibilidade e escrúpulos e só lles importa unha cousa, o poder e o diñeiro. As autoridades se realmente queren cambiar as cousas, insten a reunións para actualizar e renovar o noso anticuado, en todos os aspectos, Convenio e doten os servicios do SAF de protocolos e fórmulas que garantan o noso labor e lle den a seguridade que nos faga estar protexidas ante os perigos que sufrimos nos domicilios e con persoas conflitivas.

DE NADA SERVE SUSPENDER E CANCELAR SERVIZOS SE DESPOIS DUN TEMPO SE TENTAN REANUDAR SEN AS AVALIACIÓNS PERTINENTES.

A VÓS COMPAÑEIRAS, PENSADE QUE CALQUERA DE NÓS PODE SER TERESA. SE AS COUSAS NON CAMBIAN, CALQUERA DE NÓS PODEMOS DEIXAR A NOSA VIDA NALGUNHA CASA E NAS MANS DE ALGÚN USUARIO OU FAMILIAR QUE SE CREA CON DEREITO A DECIDILO, EXCUSÁNDOSE DESPOIS NUNHA MALA SITUACIÓN PSICOLOXICA.

NON CONSINTAMOS O MÍNIMO ABUSO NEN FÍSICO, NEN LABORAL, NEN PSICOLÓXICO E POÑÁMOLO EN COÑECEMENTO DOS ENLACES SINDICAIS E POSTERIORMENTE DA EMPRESA E CONCELLOS SE ASÍ FOSE PRECISO.

SÓ EN NÓS ESTÁ PODER FACELO,SE NON POR NÓS, FAGÁMOLO POLA NOSA XENTE, COMPAÑEIRAS E PORQUE O CRUEL ASASINATO DE TERESA NON SE REPITA E NON FOSE MOTIVO PARA CAMBIAR E MELLORAR AS COUSAS. SERÍA A NOSA MELLOR HOMENAXE. XUNTAS SI PODEMOS

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad