Redacción 03/12/2024

Será este mércores e xoves ás 16.30 h na Sala Félix Rodríguez

A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle este mércores 4 e xoves 5, de 16.30 a 18.30 h, unha sesión formativa sobre Alzheimer e outras demencias. Esta actividade está organizada por FADEAL (Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias), co financiamento da Deputación de Pontevedra e en colaboración do Concello de Tui,

A sesión formativa será impartida por AFAGA Alzheimer  e vai dirixida principalmente a coidadores/as de persoas cunha demencia neurodexenerativa, pero tamén a persoas diagnosticadas en fase moi temperá, así como a calquera persoa interesada na temática.

As demencias teñen unha alta prevalencia (estímase que afectan ao 31,25% das persoas que superan os 85 anos), especialmente en Galicia, cunha poboación altamente envellecida. Ademais, o contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece a enfermidade, senón tamén a todo o núcleo familiar.

Por este motivo ponse a disposición das persoas afectadas esta formación gratuíta, que será impartida por unha psicóloga e unha traballadora social especializadas na temática. O obxectivo é formar, orientar e axudar a persoas que se atopen nesta situación, achegando coñecementos e recursos para poder afrontar mellor a enfermidade e mellorar  a calidade de vida da persoa con demencia e da súa familia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad