Cata de cervexas mundiais, exposición de traballos, proxección de curtas do Festival de Cans e música completarán a programación deste novembro cultural
O pasado 10 de novembro arrincaba o mes cultural que, dende hai xa uns anos, organiza a Asociación Cultural Os Penediños de Atios nestas datas; poñendo a disposición do público unha morea de actos e actividades, que tratan de pór en valor as distintas actividades que se imparten na asociación, como o folclore galego ou as corais.
Deste xeito, na metade da programación, este sábado día 23 de novembro será o día do socio, onde se levará a cabo demostracións das actividades do centro, para rematar cunha cata de cervexas de todo o mundo.
Finalmente, o día 30 de novembro teremos o festival musical, onde se proxectarán os curtos gañadores do Festival de Cans, e tamén coas actuacións dos grupos «Toma de Terra», «Carmela» e as pandereteiras “Pande Atios”, para rematar cun serán.
Anteriormente o pasado día 10 de novembro actuaron o grupo de Marín “Trompos aos pés», o grupo da Asociación local e o artista irlandés Anthony Duff; e o sábado 17 foi o turno das “Coral Santa María das Neves”, “Coral Frol Nova de Chapela” e a coral da Asociación.