Redacción 20/11/2024

Os Socialistas de O Porriño denuncian as mentiras e despilfarro de Alejandro Lorenzo tras pleitear con recursos inadmitidos pola débeda da auga con Vigo recoñecida xudicialmente

O PSOE de Porriño denuncia con contundencia a nefasta xestión do goberno de Alejandro Lorenzo, reflectida na recente sentenza que inadmite o recurso presentado contra o Concello de Vigo. Esta decisión xudicial non só supón un fracaso legal, senón que deixa en evidencia a falta de rigor, transparencia e seriedade do Partido Popular á fronte do Concello.

Na súa resolución, o xuíz critica duramente a presentación do recurso, sinalando defectos graves como a ausencia de ratificación do pleno e a carencia dun informe xurídico adecuado. Esta chapuza administrativa, que o propio maxistrado describe como “irregularidades e falta de procedemento”, confirma que o alcalde actuou con improvisación e sen respeto polas normas básicas de gobernanza municipal.

O alcalde Alejandro Lorenzo, minte nas súas promesas e é incapaz de xestionar con rigor, tomou a decisión de litigar contra Vigo co único obxectivo de evitar afrontar os compromisos financeiros derivados dun acordo histórico, asinado en 1998 polo propio Partido Popular. En lugar de negociar unha solución beneficiosa para o Porriño, preferiu xogar a carta electoralista, dilapidando recursos públicos e tempo.

Mentres tanto, proxectos fundamentais seguen abandoados. A residencia de maiores prometida para o Porriño nunca pasou de ser unha declaración electoralista. A residencia de animais abandoados foi substituída por un simple pipicán no centro do pobo, unha solución improvisada que traerá máis problemas que beneficios. Ademais, o soterramento do paso a nivel leva dous anos sen avances, malia o convenio enviado ao ADIF e os 13 M€ que había en contas municipais hai só ano e medio. Eses fondos foron dilapidados nunha espiral de gasto descontrolado, deixando ao Concello con apenas 300.000 € en aforro.

O goberno de Alejandro Lorenzo, o máis caro da historia do Porriño, mantén un equipo amplo con asesores, de traballo descoñecido, e un asesor xurídico que é o que máis cobra. A isto súmase a ausencia dun interventor, que se trasladou a outro Concello sen que a oposición fora informada, o que demostra a falla de transparencia e respeto institucional.

Ademais, o xuíz deixou claro que a interposición do recurso foi unha actuación que carecía de sustento legal sólido, reflectindo non só unha grave incompetencia administrativa, senón tamén unha evidente irresponsabilidade política. Esta decisión non só prexudica a imaxe do Porriño, senón que agora supón un custo económico que recaerá directamente nos veciños.

Dende a agrupación socialista de O Porriño, esiximos responsabilidades inmediatas a Alejandro Lorenzo e ao seu equipo. A cidadanía merece explicacións claras ás seguintes cuestións: ¿Por que se presentou un recurso con defectos tan graves que o propio xuíz tivo que inadmitir? ¿Cánto lle custará esta decisión aos veciños? ¿Qué medidas tomará o goberno para evitar que erros similares volten ocorrer?

O PSdeG-PSOE de Porriño comprométese na defensa dunha xestión seria, responsable e transparente; defendemos un Porriño onde os recursos públicos se empreguen en resolver problemas reais, como a recuperación ambiental do río Louro e As Gándaras de Budiño, o soterramento do paso a nivel ou a mellora dos servizos sociais, e non en cubrir os erros dun goberno incapaz e autoritario.

Porriño merece un goberno que xestione con rigor, que respecte as normas e que poña os intereses dos veciños por riba de todo e, Alejandro Lorenzo amosou e segue a facelo, que non está á altura desa responsabilidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad