Sthela Táboas 30/10/2024

Os días 1, 2 e 3 de novembro a romería do Noroeste Peninsular “Nai de Todas as Feiras” será o punto de encontro de portugueses e galegos

Clasificada cono Patrimonio Cultural Imaterial (PCI) de Portugal, a singular feira, a nai de todas as feiras”, exibirá este galardón, por segunda vez, en máis de tres séculos de existencia.

Nesta feira, un verdadeiro ex-líbris e escaparate do Noroeste Peninsular, conta con mais de 400 tendas, onde se vende, práticamente, de todo un pouco. Este é o principal evento de outono da Galiza-Norte de Portugal, con séculos de história e tradición, xuntando a venda de produtos a sabores, tradicións e rituais singulares que se manteñen ben vivos.

A roupa e calzado, os textiles, cerámica, os utensilios agrícolas, as tasquiñas, o gando bovino, caprino e ovino, os produtos do campo, as maquinarias agrícolas, os parques de diversión e una infinidade de outros atrativos, prometen facer as delicias dos visitantes.

O dia 1 de novembro (Dia de todos os Santos) é o dia principal e o 2 de novembro, está destinado á “Feira das Trocas”. Así mantense a tradición da muda dos produtos adquiridos na véspera que, por alguna razón, non se acomodan ao noso gusto. Este ano, polo feito de coincidir o dia 3 de novembro en domingo, a feira prolóngase por tres días.

Manda a tradición que, nas noites de 31 de outubro a 1 de novembro, a Feira dos Santos é o destino para probar os viños novos e saborear os petiscos locais cono os rojões, as moelas, as bifanas e os variados pratos de bacallau, entre muitas outras viandas. Nas tasquiñas animanse as noites ao son dos concertos que dan paso ás célebres desgarradas.

Na Pista de carreiras os xinetes mostran a beleza do noso cabalo, o Garrano, nas carreiras de cabalos que terán lugar o día 1, a partir das 15.00 h. Ass inscricións dos xinetes recoprrerán el local antes de la prueba.

Celebrando o rexistro fai un ano da inscrición deste certame no Inventario Nacional do Patrimonio Cultural Imaterial (PCI) de Portugal, será descuberta unha placa conmemorativa na capela de São Bento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad