Sthela Táboas 16/10/2024

Estas actuacións financiadas pola Deputación de Pontevedra alcanzan máis de 6 km e teñen un orzamento de 474.345,72 €

O Concello de Salvaterra de Miño abre o proceso de licitación para a mellora de 24 viais no termo municipal, financiados a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Con esta actuación preténdese seguir renovando e mellorando o estado do viario municipal con actuacións en Outeiriño, Medóns, Queimadiña, Frades, Souto da Fonte, Casal – Vilacoba, Bugallal – Carrasqueiras, Pazo – Lira, Laxe, A Carrilla, Covelo de Arriba, Chans, Mirón, Barral, Coto, coto-Burguete, Pedreira, Os Castros, Val de Foxos, Igrexa-
Alxén, Toucedo, Coruxo, Martín e Cimadevila.

En xeral, procederase a votar unha capa de mistura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70 D, a excepción do Camiño do Outeiro, xa que parte do mesmo executarase con hormigón HA-25. Unha vez pavimentados os camiños porase a cota da nova rasante as tapas de rexistro e rexillas existentes. Nos casos necesarios acometeranse as obras de
mellora da drenaxe superficial, para conducir as augas ás distintas recollidas da rede de pluviais.

Estas actuación enmárcanse dentro do plan de mellora de viais municipais.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad