Redacción 03/07/2023

Vai dirixido a persoas desempregadas e está financiado pola Deputación de Pontevedra a través do Programa Emprego Inclusivo e impartido en colaboración coa Fundación Érguete – Integración

Tui acollerá a partir do mes de outubro un curso de Auxiliar de Almacén con prácticas en empresas froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Érguete-Integración dentro do Programa Emprego Inclusivo financiado pola Deputación de Pontevedra.

O curso de Auxiliar de Almacén contará con 190 horas lectivas. Vai dirixido a persoas demandantes de emprego tendo preferencia no proceso de selección as persoas desempregadas de longa duración, perceptoras de prestacións sociais ou con expediente en Servizos Sociais, que amosen interese no sector. Darase prioridade ás persoas empadroadas no Concello de Tui.

O curso desenvolverase no Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei entre o 3 de outubro e o 30 de novembro de 9 a 14 h. Contará cun módulo específico de formación en auxiliar de almacén, manipulación de alimentos, carretilla elevadora e competencias transversais, ademais das prácticas non laborais en empresas

A finalidade do proxecto Emprego Inclusivo é mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan en risco ou situación de exclusión social, de xeito que poidan incorporarse ou volver ao mercado laboral, desde un enfoque de empoderamento da persoa e o desenvolvemento das súas competencias.

As persoas interesadas en realizar este curso de Auxiliar de Almacén poden ampliar a información e preinscribirse na Fundación Érguete–Integración no 986 253 176 de 8.00 a 14.30 h ou no enderezo electrónico incorpora@fundacionerguete.org

Con esta nova acción formativa o Concello de Tui mantén a súa aposta pola formación e a mellora da empregabilidade da poboación en situación de desemprego. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad