Redacción 24/06/2023

Unha proposta na que se crea unha liña de ferrocarril sobre a infraestrutura xa existente que nace en Vigo Guixar para chegar a Viana do Castelo

O sector ferroviario de CCOO participou nas xornadas sobre o ferrocarril transfronteirizo entre Galicia e o Norte de  organizadas pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, para presentar a súa proposta consensuada cos axentes sociais para desenvolver un tren de proximidade miñoto, xa que ao seu entender “se dan as condicións, nesta contorna social, cultural e económico para implantar un sistema ferroviario intermodal de proximidade co veciño Portugal”.

En opinión do secretario de CC OO do sector ferroviaria da Renfe-ADIF de Pontevedra Antón Conde, “no noso contexto territorial é posible contar cunha rede de proximidade

provincial e crear un servizo de proximidade transfronteirizo co país veciño”, xa que ambas as estratexias de mobilidade serían complementarias e económicas, ao materializarse sobre a infraestrutura actualmente existente.

Destacan dende o sindicato que é preciso resolver a mobilidade cotiá. Para iso tecen unha proposta na que se crea unha liña de ferrocarril sobre a infraestrutura xa existente que nace en Vigo Guixar para chegar a Viana do Castelo e que en Guillarei une co tren cara Ourense, favorecendo a conectividade tamén coas liñas da meseta.

Ademais, piden a mellora das frecuencias actuais con servizos que respondan as necesidades de mobilidade da cidadanía, entre núcleos poboacionais próximos, polígonos industriais, portos e á súa vez que se favorezan combinacións para enlazar con outros trens de media e longa distancia en España  e Portugal.

Propoñen, así mesmo, organizar estacións e apeadeiros como puntos de conexión intermodal para favorecer a mobilidade de poboacións, zonas industriais, portos,  que non teñen unha conexión directa co ferrocarril. “A intermodalidade como a firme aliada da mobilidade e habilitar aparcamentos disuasorios e puntos de recarga de vehículos eléctricos”. Na súa proposta inclúese tamén a necesidade de dixitalización, para mellorar e favorecer a integración dos distintos modos de transporte.

Lembra Conde que os concellos e cámaras municipais dun e outro lado da fronteira reclaman “servizos de proximidade” que respondan ao que os administrados necesitan:

mobilidade económica, fiable, segura, sostible e con frecuencias para os desprazamentos diarios, aqueles que se requiren para acudir ao traballo, centros educativos, sanitarios e complementen servizos entre as poboacións próximas de ambos

os países, polo que destacou que “resulta necesario ir mais alá das declaracións institucionais e repensar a mobilidade ferroviaria de proximidade galega que se necesita” dende o goberno galego.

Neste sentido, dende CCOO subliñan que están a activar en colaboración cos Concellos e Cámaras Municipais dun e outro lado da fronteira, mocións e apoios institucionais, empresariais etc., reclamando un acordo que favoreza a mobilidade de proximidade na provincia e no ámbito da Eurorrexión Norte Portugal – Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad