Redacción 06/05/2023

Persoas reais, formadas, traballadoras e honestas conforman a candidatura socialista para O Porriño presentada por Alonso e respaldada por Carmela Silva e Guillermo Meijón

O PSdeG-PSOE do Porriño deu o pistoletazo de saída ás elección municipáis do Porriño cunha mostra de alta movilización na presentación da candidatura socialista ás eleccións de 28 de maio encabezada por David Alonso Bargiela, arroupado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o deputado Guillermo Meijón, o alcalde de Tui e a alcaldesa de Salceda, así como candidat@s á alcaldía de Concellos veciños, deputados provinciais, autonómicos e unha nutrida representación de veciñ@s e colectivos sociais do Porriño que ateigaron o salón de actos do Restaurante Manolo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou no acto que ten a esperanza de que O Porriño teña un alcalde socialista porque “o alcalde actual ten pouca capacidade e amosa unha mala xestión. Inda estamos esperando que se reúna con nós para falar dos problemas e necesidades dos porriñeses. Non todo poden ser festas”. Carmela Silva salientou a capacidade da candidatura socialista, encabezada por David Alonso, do que destacou que se trata do candidato con maior formación, e que ademáis xa ten experiencia de goberno ao que brindou todo o seu apoio.

O PSOE presentou un equipo altamente renovado do que DavidAlonso destacou a súa formación, experiencia, dedicación e visión innovadora, para gobernar Porriño dende o primeiro intre.

Un proxecto para pensar nos problemas das persoas a o medio ambiente

A candidata número dous da lista socialista, a periodista Sthela Táboas, destacou a importancia de construir un Porriño máis aberto, transparente e democrático que traballe pola convivencia social e a seguridade. Para elo, puxo como exemplo a importancia de modernizar a labor da Policía Local para impulsar unha policía de cercanía nos barrios, parroquias e colexios, mellorar a convivencia e tolerancia e impulsar a transparencia na xestión da contratación e dos servizos públicos para lograr un Concello máis seguro e habitable a través dunha nova Concellería de Seguridade, Servizos e Convivencia.

Pola súa parte, o candidato socialista David Alonso destacou como primero compromiso electoral “abrir dende o primeiro minuto as portas do Concello a todos con igualdade, respeto e seriedade. A transparencia, o diálogo social e o traballo profesional será a nosa meta diaria, porque O Porriño é moito máis que un organizador de festexos e aniversarios e todos merecen ser escoitados”.

O candidato socialista afirmou que o PSOE quere ofrecer aos Porriñeses unha oportunidade clara para transformar Porriño, mellorando a calidade de vida dos cidadáns e se comprometeu a traballar por un Porriño máis xusto, igualitario e con maior respeto ao patrimonio natural. Para elo, afirmou Alonso, imos innovar en materia de goberno pondo en marcha os Consellos Veciñais e os Orzamentos Participativos, para mellorar a calidade e transparencia democrática”.

O candidato socialista destacou que o seu será un programa electoral de progreso e modernización pioneiro, alineado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas e que terá un triple eixo: social, económico e ambiental. Alonso destacou a necesidade de infraestructuras como unha nova gardería, espazos para a mocidade, un auditorio municipal, recuperar un Servizo de Emprego digno, mellorar o Colexio Fernández López ou unha forte aposta ambiental coa posta en marcha dun “anel verde” que permita recuperar as ribeiras do Louro e o río Couso e a posta en marcha dun plan de xestión para As Gándaras de Budiño. “Mellorar o noso medio ambiente será a peza clave para protexernos do Cambio Climático e para iso temos que ser moi coidadosos reformando o noso Plan Xeral para afrontar este reto e facelo máis sustentable”.

“O Porriño merece un goberno que deseñe proxectos de futuro, que afronte os desafíos do noso Concello e que atenda aos problemas diarios dos porriñeses”, afirmou David Alonso, que rematou pedindo aos votantes progresistas, concentrar no PSOE o apoio para desaloxar ao PP. “Hai un novo PSOE con proxecto para convencer e ilusionar a maioría social de Porriño, que quere avanzar”.

Superar a parálise e o cinismo político do PP

“A chegada en extrañas circunstancias de Alejandro Lorenzo á alcaldía, pode resumirse nunha palabra: decepción. Un alcalde que non só non foi quen de atraer inversións, senón que presenta una mala xestión económica: paraliza os pagos do Concello e consume todo o aforro neto que tiña o Concello, mentres foi totalmente incapaz de negociar e aprobar uns orzamentos ou que desmantelou o Servizo de emprego municipal. O candidato socialista puxo como exemplo a parálise que Lorenzo impuxo sobre o proxecto do paso a nivel, paralizado por el dende xullo de 2022, afirmando que “informaremos el primer día sobre o enfoque e o proxecto de soterramiento del tren. Alejandro Lorenzo debe informar a los porriñeses antes das eleccións de por qué non respostou á proposta do goberno central de soterramiento do tren” asegura Alonso.

O Porriño, afirmou Alonso, debe superar esta etapa de goberno de Alejandro Lorenzo, basada no cinismo político dos que paralizaron durante anos o traballo e os pagos do Concello existindo fondos, e agora é quen de pedir un préstamo con altísimos intereses para non recoñecer que tiña que aprobar os pagos no plenos, mentras esconde a súa culpa malgastando os fondos en festividades.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad