Redacción 25/04/2023

A voceira socialista afirma que á alcaldesa mosense ten unha querela penal sobre a que terá que dar explicacións

O TSXG non admite o recurso do Concello de Mos polo que se ratifica a ilegalidade das licencias outorgadas o Celta de Vigo, para a construción de campos de fútbol en Mos.

Cabe recordar que ditas obras empezaron fai 3 anos con 2 licencias menores para a construción de campos de fútbol e un edificio de 3.000 m2, decisión que foi denunciaba por ser unha obra de moita envergadura. Cuestión coñecida polo Partido Popular que podía ser recorrida e posteriormente empezaron un proceso de elaboración dun Plan Especial. Acción que ben a demostrar que non estaban seguros das súas decisións e buscaban certo amparo legal.

A voceira do PSOE de Mos, Victoria Alonso, di que a legalidade destas licencias foi sempre cuestionada, chegando a debater en diversos plenos, comisións e reunións sobre o que o Concello estaba aprobando facer nunha zona catalogada como forestal protexida. Tendo que escoitar por parte do goberno que tiñan interese en sacar a diante este proxecto fose como fose, e hoxe confirmase unha vez máis que estaban dispostos a cometer ilegalidades.

Alonso engade que a alcaldesa non se pode esconder detrás dos informes dos técnicos para defender esta decisión, cando ela dixo que este proxecto ía saír si ou si, é dicir, que a súa postura foi clave. Este foi un proceso tenso, no que houbo moitas presións e xa levamos varios xuíces que falan de ilegalidade. Lembrarlle que tamén “hai técnicos que non apoian este proxecto” pero que “estase a escudar para non enfrontarse á realidade de que cometeu un delito e elo, a leva a ter unha querela penal sobre a que terá que dar explicacións”.

A socialista resalta o feito de que os promotores levan meses saíndo na prensa con declaracións nas que afirman a súa indiferenza sobre as posibles sentenzas, deixando claro un posible trato de favor das administracións gobernadas polo PP, que son as que apoian o proxecto. Engade que nun intento de demostrar que están por encima da lei, continuamente falan de seguir construíndo, cando as licencias que teñen son ilegais e das futuras non se sabe nada.

Alonso solicita unhas desculpas ante a veciñanza por parte da alcaldesa, que non persista no seu interese persoal de seguir adiante cunha iniciativa que ten nome e apelido. Resalta a actitude totalmente fora de cabal da actual rexedora e afirma que non está capacitada para seguir a fronte do consistorio mosense, porque un xulgado xa decretou a ilegalidade das súas decisións.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad