Guizán acollerá o domingo a obra de Bea Campos que pon en valor o idioma galego de xeito divertido e dinámico
O programa municipal Ocio en Familia da concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos organiza, con motivo do Día do Libro, unha obra dirixida a público familiar que se vai levar a cabo en Guizán, no Auditorio do Centro Social e Cultural, o vindeiro domingo 23 de abril ás 18.00 horas.
As Palabras Perdidas, unha obra de Bea Campos, versa sobre a Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof, quenes queren narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, caen na conta de que o seu conto está cheo de buracos.
Faltan palabras que fuxiron da historia por falta de uso e que só utilizándoas de novo volverán ao conto.
As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido e dinámico, que pon en valor o idioma e que permite coñecer palabras que se atopan agochadas.
A entrada ao espectáculo é totalmente libre e de balde para o público asistente.