Redacción 17/04/2023

O Concello do Porriño deberá pagar preto de médio millón de euros en intereses das facturas que Alejandro Lorenzo leva anos paralizando; mentres branquea estes feitos con festexos

O portavoz do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso Bargiela, confirma o que xa viña advertindo estes meses atrás sobre a obriga imposta por Facenda, do pago das facturas que viña votando en contra nos Plenos todos estes anos e que, posteriormente, xudicializou.

O total do importe en facturas é de 2,2 M€, aos que hai que engadir preto de medio millón de euros de intereses a un previsible 3,3% a falla do seu informe definitivo, según indicou o Interventor municipal ao voceiro socialista nunha reunión mantida entre ambos.

David Alonso manifestou que “o alcalde do Porriño segue a gastar en festas os aforros dos porriñeses que os socialistas deixaron nas arcas municipais; e todo elo podendo facer frente as facturas, que agora nos obrigan con intereses”.

O voceiro socialista incide en que “se en lugar de esforzarse tanto en organizar festas, o fixera en convocar un Pleno de urxencia para pagar mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito, o PP tería o voto a favor do PSdeG-PSOE do Porriño para aboar esas facturas sen intereses”.

Os socialistas sinalan que “este medio millón de euros de intereses que supoñen a partida de festas de todo un ano, poderían tamén empregarse na dinamización do comercio ou na imprantación de insfraestruturas para uso e desfrute da veciñanza”.

David Alonso remata engadindo “se son alcalde o vindeiro 28 de maio, amortizaremos o préstamo no primeiro trimestre de lexislatura para evitar o pago de máis intereses e destinaremos ese diñeiro, en mellorar a vida dos porriñeses”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad