Gala Benéfica Salvaterra, é un proxecto organizado por un grupo de empresarios de Salvaterra, abatidos polas imaxes que chegaron de Turquía e Siria, tras os desastrosos terremotos que sucederon fai moi pouco alí. O obxectivo desta gala é recadar o máximo posible e facer chegar os fondos aos damnificados
O recadado será xestionada pola ONG IAE, e será destinada á adquisición de contedores vivenda. O labor principal desta organización, é a intervención en catástrofes natural, en Galicia están dotados cunha unidade canina, que interveu en Turquía na primeira fase e rescatado a tres persoas con vida baixo os entullos.
Esta gala benéfica, terá lugar o 28 de abril pola noite (21:30h), é unha cea cóctel con actuacións musicais, que terá lugar no salón principal de Adegas A Val, en Salvaterra de Miño. A entradas están a disposición nos restaurantes A Miña Lareira, A Ojiva, A Cantinera e nas cafeterías O Que Queda do Día, A Broa e Centro Cultural Casal. Ademais pódense reservar no teléfono 691 18 51 00.