Redacción 11/04/2023

No vindeiro ano escolar 2023-2024 o Colexio Los Sauces ofertará 24 prazas para o alumnado interesado en decantarse por esta modalidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá o Colexio Europeo Los Sauces -con 700 alumn@s actualmente-, onde o seu director, Alberto Álvarez Ferreira, e o coordinador do BI -Bacharelato Internacional-, Albino Pombo Rodríguez, espuxéronlle o novo proxecto que porán en marcha o vindeiro curso escolar consistente en ofertar, ademáis dos itinerarios clásicos de Bacharelato, o Bacharelato Internacional; primeiro centro que ofrece esta posibilidade á rapazada interesada en cursala xa que, a opción existente no tamén mosense O Castro British School, consiste no Modelo Británico.

O programa do Diploma do IB do Colexio Los Sauces céntrase na preparación do alumnado, para a educación superior e a participación activa nunha sociedade global. O tronco común do programa do Diploma baséase en tres piares básicos: esixe que os alumnos realicen unha investigación independiente, aplica a teoría do coñecemento para un enfoque coherente á aprendizaxe e fai fincapé na creatividade, actividade e servizo; contribuíndo a que o alumnado desenvolva a súa propia identidade para o que se propoñen iniciativas de voluntariado nas que os moz@s fagan un servizo colaborativo coa comunidade, en compromiso e reciprocidade e en base e resposta a unha necesidade verdadeira.

O BI impártese en máis de 5.000 colexios, nos 5 continentes, e dá acceso a universidades de todo o mundo. Impártese en 3 idiomas -español, inglés e francés- e inclúe a opción de estudar, como asignaturas, ata 55 linguas.

O perfil do estudante de IB, segundo explican dende Los Sauces, é indagador, informado e instruído, pensador, bo comunicador, reflexivo e de mentalidade aberta. Trabállanse os contextos locais e globais, foméntase o traballo en equipo e a colaboración, e a eliminación de barreiras. A metodoloxía apóiase na mentalidade internacional, dándolle gran importancia ás habilidades sociais e de autoxestión. Nel estúdanse un total de 6 asignaturas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad