As repostaxes satisfeitas co seu vehículo na estación de servizo concesionaria nese intre son parte das facturas das que anula o pago
O PSdeG-PSOE do Porriño denunciaba esta semana o feito de que o alcalde, Alejandro Lorenzo, repostase combustible para o seu vehículo nunha Estación de Servizo, á que logo anulou as facturas mediante o Expediente de revisión de oficio do Concello impulsado polo rexidor, que anula un lote de minutas pendentes afectando a outras empresas.
O abogado da gasolineira denunciante, afirma nas alegacións citadas ao Expediente de revisión de oficio, que a propia administración lle recoñeceu a correcta prestación do Servizo, pero o actual alcalde paralizou no seu intre a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito para poder aboar as facturas, e logo, incorporou as mesas ao expediente de revisión de facturas co obxectivo de eliminalas da contabilidade.
A situación, indican os socialistas, chega a tal escandalo de que o propio abogado defensor da empresa, indica na páxina 19 das súas alegacións, que o propio alcalde acudiu a repostar varias veces durante o ano 2022 á gasolineira á que logo nega a validez das facturas, “facendo o mesmo que criticaba aos seus antecesores.”
O voceiro municipal socialista, David Alonso, afirmou que “a xestión económica e personal de Alejandro Lorenzo non só está a contradecir o que él defendía na oposición, senón que está a levar ao Concello a ter que pagar centos de miles de euros en intereses de demora. Ten que deixar de cargar con sentencias e intereses aos porriñeses e aceptar
que cometeu un grave erro paralizando facturas que logo, o Concello debe abonar os intereses aos particulares ao perder xuizos. Non pode facer maxia contable facendo desaparecer facturas porque as empresas que fixeron o Servizo, van denunciar e logo cobrar con intereses”.
O ministerio de Facenda está indicando ao Concello do Porriño que debe pagar as facturas, e o Concello pode facelo sen recurrir a un préstamo que vai a obrigar a pagar intereses. “O alcalde ten 15 días para convocar un pleno e levar, como lle indica o interventor do Concello, as facturas a recoñecemento polo pleno da Corporación. Se non o fai, temos que entender que prefire despilfarrar cartos pagando intereses bancarios. Está na súa man, facer as cousas ben e deixar de retrasar os pagos, ou pagar intereses dun préstamo innecesario”, afirmou o voceiro socialista.
Alonso concluiu dicindo que “se son alcalde e o Pleno o estima, resolveremos de inmediato o pago das facturas que irresponsablemente, durante anos, o PP bloqueou. Para elo, os socialistas pediremos a confianza dos porriñeses”.