Redacción 23/03/2023

O concello de Tui amosa o seu agradecemento aos servizos de emerxencia e corpos de seguridade que se implicaron no suceso do casco histórico

En nome da corporación municipal o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere trasladar o agradecemento da institución municipal aos equipos de emerxencia así coma aos corpos e forzas de seguridade, pola súa actuación nos feitos acontecidos na madruga do luns no conxunto histórico de Tui.

Así por unha banda destácase o labor realizado polos membros da Policía Local e da Garda Civil. Especialmente cómpre destacar a rapidez e eficiencia demostrada pola Garda Civil na resolución destes feitos que levaron á detención na presunta autora dos feitos en tan so unhas horas. 

Salientar o labor dos servizos de emerxencia amosando o agradecemento aos membros da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, así coma das asociacións de Tomiño, Salceda de Caselas, e membros do GES de Mos, e polos efectivos dos Bombeiros do Porriño e dos Bombeiros Voluntarios de Valença. Grazas ao labor de todos eles púidose controlar a situación, que nalgúns momentos da madruga revestiu gran perigo.

Por outra parte o rexedor tudense salienta o traballo realizado polos técnicos municipais, de forma especial polo persoal do departamento de Servizos Sociais en atención ás persoas afectadas.

Finalmente amósase unha vez máis orgullo da veciñanza tudense que “diante duns feitos extremadamente graves tivo un comportamento exemplar”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad