Redacción 20/03/2023

O Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra condena ao Concello do Porriño ao abono das facturas pendentes máis as costas procesais á empresa encargada da prestación do servizo que dirixe a irmá de Feijoo

O pasado 7 de febrero, o Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra, sentenciaba ao Concello do Porriño ao abono de 377.325 € máis intereses de demora, correspondentes a facturas de 2018 e 2019 pola explotación  da piscina municipal; así como as costas procesais.

Dende o PSdeG-PSOE do Porriño, afirman que en 15 anos, a piscina municipal tan só tivo un contrato ponte adxudicado polo PP á empresa que dirixe a irmá de Feijoo, sendo concelleiro de Deportes o actual alcalde, Alejandro Lorenzo. “Dito contrato suscribíase en maio do 2015, previo ás eleccións municipais, sendo a súa duración de 6 meses; aínda que EULEN continuou prestando o servizo co contrato prorrogado”, explica o candidato socialista á Alcaldía, David Alonso.

Non foi ata xuño de 2021 cando se licitou por primeira vez a explotación da piscina, licitación levada adiante polo entón concelleiro de Deportes, David Alonso, quen lembra que “Alejandro Lorenzo paralizou o pago de facturas a EULEN ao entender que non existía contrato e que as facturas e importes eran irregulares, cando curiosamente o importe e contrato ponte foi adxudicado por él mismo”.

Posteriormente, prosigue o voceiro socialista “o Consello Consultivo de Galicia denegou a nulidade das facturas solicitadas polo PP, ao considerar que é un documento mercantil anulable só pola misma empresa, quedando a espensas do dictamen xudicial, dictaminado o pasado mes co fallo do pago de preto de 400.000 €”.   

Tras este novo varapau xudicial, David Alonso remata subliñando que “a revisión de oficio que Alejandro Lorenzo iniciou fai tres anos e medio para paralizar os pagos, é un auténtico fracaso que está a causar perxuicios aos pequenos autónomos do Porriño. Este alcalde vai pasar á historia como o ‘alcalde da 413’”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad