Será ás 19.30 h e as entradas están dispoñibles en www.tui.gal aos prezos de 4 € e 3 €
Este venres, 17 de marzo, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui haberá cita cinematográfica para público familiar da man do filme ‘Canta 2’, a secuela da película xa proxectada na cidade, ‘Canta’.
Esta será a última cita da programación teatral de febreiro e marzo en Tui. ‘Canta 2’ conta a historia de Bluster Moon e o seu elenco de estrelas, que se están preparando para estrear a súa actuación máis impresionante ata a data. Pero antes teñen que persuadir ó rockeiro máis solitario e huraño do mundo: unha vella gloria interpretada polo lexendario icono musical Bono.
Cunha duración de 110 minutos, ‘Canta 2’ está dirixida a todos os públicos ea entradas teñen un prezo de 4 €, sendo de 3 € cos descontos para os posuidores do carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos. Poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.
Toda a información pódese consultar na web tui.gal e nas redes sociais do Concello.