Sthela Táboas 16/03/2023

Pedro Pereira afirma que o alcalde do Porriño engana á veciñanza sobre a subvención cultural que percibe o Festival

O BNG do Porriño lamenta que “o alcalde está a difundir nun comunicado de prensa do Concello, información falsa sobre a axuda que o Concello do Porriño aporta ao Festival de Cans. Afirma, que o goberno que dirixe vén de duplicar agora esta axuda, de 20.000 a 45.000 €, cando a cantidade que se incrementa é de 5.000 €”.

O Bloque explica que “realmente foi no ano 2021 cando a Concellaría de Cultura, dirixida na altura pola compañeira do BNG Cami Moreira, duplicou a aportación que o Concello do Porriño destina ao Festival de Cans, pasando de 20.000 a 40.000 €. A cambio deste importante incremento, a organización do festival comprométese desde aquela a asumir parte da loxística do evento, e a proxectar curtametraxes nas parroquias e nos barrios do Porriño ao longo do ano.

O concelleiro do BNG e candidato á Alcaldía, Pedro Pereira, puntualizou “o que realmente se aprobou no pleno da semana pasada, co voto a favor do BNG, foi unha actualización da partida, polo que a aportación municipal pasa a ser agora de 5.000 € máis”.

Desde o BNG “levamos tempo advertindo que Alejandro Lorenzo pretende subvencionar a súa campaña electoral particular cos cartos dos veciños e veciñas do Porriño. O uso partidista e propagandístico da comunicación oficial do Concello e das súas redes sociais oficiais non ten límites e é impropia dun alcalde honesto”.

“Non é a primeira vez que os comunicados oficiais do Concello serven para difundir mentiras do alcalde. Parécenos especialmente grave que se pretenda empregar, en beneficio propio, o traballo do asociacionismo cultural do municipio”, remata o candidato do Bloque, Pedro Pereira.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad