Con esta reparcelación do Plan Especial de Reforma Interior aprobado pola Xunta de Goberno Local, os afectados polo PERI do 2004 pasarán a ter parcelas edificables
O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar pola Xunta de Goberno Local o proxecto definitivo de reparcelación do Polígono II do PERI UA-2 , resultandounha nova parcela para equipamentos públicos de 2.738,73 m2, ademais de 5.662,73 m2 de espazos libres e zonas verdes, unha parcela patrimonial e outra para vivenda protexida. A superficie total deste polígono II do PERI ascende a 20.229,33 m2.
Por outra banda, con esta aprobación definitiva, as persoas propietarias afectadas polo PERI, que se aprobou no 2014, pasan a ter parcelas edificables, xa sexan de xeito individual ou colectivo (proindiviso).
Ao longo deste proceso houbo varias reunións informativas coas persoas propietarias, un período de exposición e presentación de alegacións, as cales foron atendidas case na súa totalidade, e complétase agora con esta aprobación definitiva.
A alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón, declarou “A aprobación definitiva deste proxecto de reparcelación, unha vez atendidas as alegacións, supón un gran avance que garante a dispoñibilidade dunha importante área dotacional para a planificación de servizos básicos. É dicir, o concello dispón dunha nova parcela máis para planificar instalacións municipais para incrementar servizos a unha poboación que continúa en crecemento e que leva parello o aumento da demanda de servizos públicos. Liña na que estamos traballando con novos proxectos como o Centro de Día, que está pendente de resolver dentro da subvención de Fondos Europeos”.