Hoxe presentouse a segunda edición da Mostra de Educación e Formación do Concello de Mos que conta co apoio da Xunta de Galicia e na que participará Pedro García Aguado
Esta mañá presentouse na Axencia de Colocación de Mos a II Edición da Mostra de Educación e Formación, FormaMOS, que este ano contará coa novidade da presenza e participación de Pedro García Aguado, medallista olímpico coa Selección Española de Waterpolo e que se fixo popular polo seu programa televisivo “Hermano Mayor”.
Na presentación estiveron presentes, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Julia Loureiro, concelleira de Educación, Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Xurxo Collazo Saavedra, director do IES de Mos, Rodrigo Salgado Pombo, director do Colegio Lar de Mos, e representantes do equipo directivo e docente do Obradoiro Municipal de Emprego, encargado do Marketing (Especialidade de Marketing Dixital) da Mostra e do deseño e elaboración dos stands de madeira da mesma (Especialidade de Carpintería). O director do Obradoiro é Víctor Ángel Varela Caride, o docente da Especialidade de Carpintería, é Pablo Maceda González e os docentes da Especialidade de Marketing Dixital son Antonio Riveiro Prego e Saúl Ferreira Rivera. Tamén asistiron os 20 alumnos/as traballadores/as do Obradoiro Muncipal de Emprego: 10 da Especialidade de Marketing Dixital e 10 da Especialidade de Carpintería.
Na súa intervención Arévalo, rexedora local mosense, adicou un especial agradecemento á consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades polo gran apoio a esta 2ª Edición.
A Mostra FormaMOS é unha gran oportunidade para coñecer de primeira man as posibilidades educativas máis actuais. Un escaparate formativo con demostracións en vivo e encontros con profesionais especializados en diferentes sectores.
Terá lugar os vindeiros 30 e 31 de marzo (xoves e venres) en horario de 9.30 a 19.00h no Pavillón Óscar Pereiro. Irase actualizando información sobre a feira na páxina web e nas redes sociais: http://formamos.mos.es/ e Instagram @formamos_ e en Twitter @formamos_
Xa se conta con máis de 1.700 asistentes confirmados e a participación de máis de 70 expositores de relevancia no sector da educación e formación:
UNIVERSIDAD DE VIGO
UNIVERSIDAD EUROPEA
UNIVERSIDAD DE TECNOLOGÍA Y ARTE DIGITAL
UNIVERSIDAD DE A CORUÑA
UIE UNIVERSIDAD INTERCONTINENTAL DE LA EMPRESA
UNIVERSIDAD DE SANTIAGO
CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA
COLEGIO LAR
CIFP MANUEL ANTONIO
ESCOLA MARCELO MACÍAS
AULA D-ESCOLA DE DESEÑO
ESCUELA SUPERIOR DE ARTES PLÁSTICAS Y DISEÑO DE VIGO
ESCUELA DE IMAGEN Y SONIDO DE VIGO (EISV)
TEXMODA
CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE
CIFP A GRANXA
IES RIBEIRA DO LOURO
ESCUELA SUPERIOR DE ARTES CINEMATOGRÁFICAS DE GALICIA (EGACI)
CAMPUS POLITÉCNICO ACEIMAR
COLEGIO BILINGÜE MARCOTE-MONDARIZ
EFA A CANCELA
INSTITUTO MARÍTIMO PESQUEIRO DO ATLÁNTICO
ESCUELA TÉCNICA DE JOYERÍA DEL ATLÁNTICO
IES PRIMEIRO DE MARZO
IES DE MOS
IES A GUÍA
ACADEMIA DE PELUQUERÍA Y ESTÉTICA ONDAS & PERFIL
ESCUELA DE PILOTOS DE AVIACIÓN COMERCIAL, AFN
LUSANT FORMACIÓN
ESCUELA DE AZAFATAS, AIR-HOSTESS
ACADEMIA FONSECA
REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL
MAISON MUSICA E DANZA
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA TORROSO
UNIMATE ROBÓTICA
ESCOLA DE ARTE DRAMÁTICO DE VIGO
SANANDAYOGA
EXODEGA/INFENTO
PTC ESCUELA
RAMALLADAS
PIANAGRAMA. AULA DE MÚSICA
REAL CLUB CELTA DE VIGO. GALICIA SPORT 360
IMASD. CURSO DE TANATOESTÉTICA Y TANATOPRAXIA.
GALIAU-PAIR
ALLIANCE FRANÇAISE VIGO
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL (XUNTA DE GALICIA)
AXENCIA DE COLOCACIÓN (CONCELLO DE MOS)
EMERXENCIAS DE MOS
PROTECCIÓN CIVIL DE MOS
POLICÍA LOCAL DE MOS
MINISTERIO DE DEFENSA. FUERZAS ARMADAS
GUARDIA CIVIL
ACCESCA-EMPREGO
COGAMI
FUNDACIÓN ESPLAI
AEMOS
ECOEMBES
AXEGA 112
CIM MOS. FORMACIÓN EN IGUALDAD
SEGANOSA
FUNDACIÓN ONCE
ALALÁ S. COOP. GALEGA