Sabela Landín 04/03/2023

15 alumnos/as participan no primeiro dos catro cursos que se impartirán desta especialidade

As actividades formativas enmarcadas no Plan de Formación 2023 do Concello do Porriño xa deron comezo coa primeira quenda do Curso práctico de Manipulación de Carretillas Elevadoras, homologado conforme á normativa UNE. 15 alumnos e alumnas participan no primeiro dos catro turnos desta especialidade impulsados dende a concellería de Emprego e Formación, que dirixe Rosario Costas.

Durante cinco días recibirán formación teórica e práctica de condución e manexo seguro de carretillas elevadoras apiladoras (categoría 1 do tipo 3), frontais contrapesadas (categoría 2 do tipo 4) e de mastil retráctil (categoría 2 do tipo 6) para prevención de riscos laborais.

 A concelleira explicou que esta é unha das propostas que se desenvolverán no marco do Plan de Formación que dará cobertura ás necesidades esixidas polas empresas e do que se beneficiarán arredor de 500 persoas integrantes da Bolsa Municipal de Emprego. Este inclúe ademais cursos de Almacenaxe e Picking, Produción en Automoción ou Limpeza Industrial, entre outras especialidades.

O alcalde, Alejandro Lorenzo , lembrou que todas as persoas interesadas en inscribirse neste plan formativo deberán formalizar a súa solicitude de forma presencial nas instalacións de Porremprego en horario de 9 a 14 h.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad