Sthela Táboas 02/03/2023

Laura Alonso é a optometrista que imparte estes días nos centros de primaria os obradoiros de divulgación, experimentación e prevención visual nos que participan máis de 150 alumn@s

O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, que dirixe Carolina González, realiza estes días nos colexios porriñeses obradoiros baixo o nome “A maxia da visión” no que participarán máis de 150 alumn@s.

Os escolares levarán a cabo diferentes dinámicas de xogo nas que descubrirán a súa capacidade visual para entender o mundo que os rodea e, ao mesmo tempo, unha profesional observará se algún deles presenta algunha interferencia durante a actividade.

A responsable de impartir o obradoiro é a optometrista Laura Alonso Coto, especializada en optometría clínica, pediátrica e terapia visual, así como con diversas formacións no ámbito do neurodesenvolvemento, a neuroloxía e a fisioloxía do sistema visual. Ademais é docente para entidades profesionais como a Asociación Española de Ópticos–Optometristas, onde imparte actualmente cursos para outr@s compañeir@s de profesión, sobre a implicación do sistema visual na aprendizaxe.

A través da participarán en xogos de visualización, @s nen@s explorarán a relación das canles visual e táctil, coñecerán a predominancia visual motora e sensorial, descubrirán a coordinación binocular e a visión 3D ou estereoscópica que nos permite entender o mundo tridimensional e adestrarán a eficacia oculomotora. Aprenderán sobre o sentido da vista

“A finalidade é que coñezan, un pouco máis polo miúdo e a un nivel comprensible para eles, o proceso visual; á vez de detectar se hai algún posible problema de visión en algún deles” explicou a concelleira.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad