Preto de 6.000 € ao año é o que pagarán os porriñeses de intereses por 12 anos grazas ao voto en contra do PP do abono de facturas xa fiscalizado pola anterior interventora á que cesaron
O Concello do Porriño anunciou a contratación a principios deste ano a auditoría da contabilidade dende o ano 2018 ao 2022, contemplando a fiscalización da “facturación irregular pendente de pago retirada da contabilidade municipal, expedientes de contratación e subvencións”.
“A facturación irregular pendente de pago ascendía a 5,5 M de euros a finais de 2021”, cifra á que descontando uns 1,2 M€ que xa se pagaron aos proveedores (ao determinalo así o Consello Consultivo de Contas), sumados aos 1,2 M€ do total das facturas que están xudicializadas, reflexan que dende o Concello se indique que “a día de hoxe reduciuse a 3,1 M€”.
Facturas de luz ou teléfono, entre outras, das que o PP no Pleno votou en contra do seu pago e que están incluidas nestes 1,2 M€ aboados aos proveedores, facturas pagadas cun crédito aprobado en sesión plenaria na que o PSOE se abstivo ao entender “que existía suficiente liquidez nas contas do Concello”. Este crédito suporá ter que pagar un préstamo durante 12 anos, uns intereses de preto de 6.000 € anuais.
Agardamos que esta nova auditoría anunciada, sexa pública para os cidadáns, non coma a anterior anunciada polo actual goberno en canto accedeu ao mesmo, pero da que nunca máis se voltou saber. Esperamos que desta fiscalización se aclaren os reparos levantaron durante o ano 2022, como facturas de repostaxe coas que o propio alcalde enchía o depósito do vehículo oficial.
Tamén se contratou a fiscalización das contas do Consorcio de Augas do Louro, das que sería bo coñecer a plantilla e o procedemento selectivo polo que accederon, así como os seus lugares e horarios de traballo efectivo ou o salario que perciben coas correspondentes cotizacións.